Un caligrama é un poema visual no que as palabras "debuxan" ou conforman un personaxe, un animal, unha paisaxe ou calquera obxecto imaxinable. Realizado polo alumnado de E.Infantil.
Consiste en escribir versos que rimen de dous en dous. Pódense facer pareados con nomes, meses do ano,estacións,materias... Realizado polo alumnado do 1º Ciclo de E.Primaria.
É unha forma poética proveniente de Xapón. É un pequeno poema que xeralmente, está formado por 17 sílabas que se dividen en tres versos, o primeiro de 5 sílabas,o seguinte de 7 e o último de 5 ; tradicionalmente fala da natureza e os seus fenómenos, aínda que en ocasións abarca outras temáticas da vida. Forma poética breve que pretende describir unha escena ou imaxe, xa sexa real ou imaxinaria.
Realizado polos alumnos/as de 5º e 6º de E.Primaria.